Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Oroso organiza un campamento para nenos e nenas de 3 a 12 anos durante as vacacións escolares de Semana Santa


O Concello de Oroso e a Escuela ConTalento veñen de abrir o prazo de inscrición no Easter Camp, o programa de conciliación familiar para as vacacións escolares de Semana Santa. O Easter Camp terá lugar os días 10, 11, 12 e 17 de abril, inicialmente en horario de 7:30 a 15:30 horas pero que se poderá adaptar ás necesidades de cada familia.

O campamento incluirá excursións, obradoiro de cupcakes, xogos, deportes, ciencia divertida, manualidades… e todo en inglés. O prezo polos catro días será de 25 euros (de 9:00 a 14:00 horas), aínda que tamén hai posibilidade de anotarse por días soltos, a un prezo de 7 euros. Ademais, poderase optar por servizos adicionais como almorzo, xantar e merenda, por 2, 5 e 3 euros, respectivamente. As familias interesadas en participar deberán anotarse na Escuela ConTalento, no paseo Carboeiro 9, en oroso@escuelacontalento.es ou nos teléfonos 881 981 905 ou 604 002 616.